Reacción ás modificacións na normativa social da lei de orzamentos de Galicia de 2025
Data: Decembro 21, 2024

A lei de medidas fiscais e administrativas de acompañamento dos orzamentos do ano 2025 introduce cambios  en diversas normativas. No eido social destaca as modificacións na lei 13/2008, 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia

A modificación de mais calado contempla a engádega dun novo titulo, denominado Procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a Autonomía  e Atención á Dependencia.  O contido deste titulo XI foi estudado  por compañeiras expertas en depencia e discapacidade, e coas súas aportacións elaborouse un documento que foi remitido aos distintos grupos políticos do Parlamento de Galicia, co obxectivo de que coñezan estas aportacións antes do debate desta lei.  DOCUMENTO 

A outra modificación importante do proposta deste texto normativo afecta ó Decreto 246/2011, do 15 de decembro, que desenvolve  a lei 13/2008 de servizos sociais de Galicia, no relativo ós órganos consultivos e de participación.  Na redacción do proxecto de lei de orzamentos,  o Consello Galego de Benestar Social, pasa de ter a competencia para emitir dictamentes de toda a normativa de servizos sociais a nivel autonómico, a facelo so cando llo requira a Consellería competente nesta materia.

O COTSG, o Sindicato Labrego Galego, a CIG, CCOO e UXT, mantiveron unha reunión a efectos de artellar unha resposta conxunta a estas modificacións normativas en servizos sociais. A concreción da resposta acordarase nos próximos días.