Queres pasar de diplomatura a grao?
Data: Xullo 29, 2025

Dende o ano 2013 a titulación que se expide no Traballo Social é o Grao. As persoas que se titularon antes de esa data e despois do 1982  teñen unha diplomatura universitaria.

A titulación de grao en Traballo Social vaise instalando como a xenérica na profesión e a requirida como norma nos procesos selectivos. Para obtela, as persoas diplomadas  teñen que facer unha formación para adaptar un nivel de estudios ao outro. A normativa é propia de cada universidade, determinar as condicións para obter os 60 créditos que se necesitan. En case todas se valora a experiencia profesional como coñecemento efectivo para obter un numero determinado de crédito.

O Consejo General de Trabajo Social difunde esta GUÍA ORIENTATIVA para que poidamos planificar o curso 2025/26 , se estamos interesados e interesadas en obter o titulo de grao e ver que universidades o ofertan e en que condicións.