Os cambios na lei 13/2008 do 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia, no procedemento para o recoñecemento da situación de Dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia.
O dítame técnico do Traballo Social, INFORME SOCIAL , deixa de ser un documento preceptivo. A eliminación deste documento é unha vulneración dos dereitos e intereses das persoas usuarias que se atopan nunha situación de especial vulnerabilidade.