Enviamos esta información coa intención de que a colexiación sexa informada das accións que se están levando a cabo, dado os cambios na Lei 13/2008 pola recente aprobación da Lei de Orzamentos 2025.
A partir do 3 de xaneiro entra en vigor o novo modelo normalizado de solicitude conxunta de recoñecemento da situación da dependencia e do grao de discapacidade. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250102/AnuncioG0762-271224-0003_gl.pdf Recapitulemos o proceso: O 19 de outubro do 2024 o Partido Popular presenta o proxecto de orzamentos 2025, coa lei de medidas fiscais e administrativas, que modifica 37 leis e 12 decretos. Entre estas modificacións o Capítulo VII recolle modificacións na Lei 3/2008. Como está proposta vai coa Lei de acompañamento aos orzamentos, non ten período de alegacións. Polo que o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia realiza alegacións a través dos partidos políticos da oposición do Parlamento Galego: Bloque Nacionalista Galego e Partido Socialista. Desta maneira para a elaboración das alegacións convoca as expertas de Dependencia e Discapacidade, ademáis de abrir un período de recepción de achegas por parte da colexiación. A 12 de novembro de 2024 envíanse as alegacións a todos os partidos políticos que compoñen o Parlamento de Galicia. Así mesmo o COTSG, realiza unha xuntanza co Sindicato Labrego Galego, a CIG e CCOO, para organizar unha rolda de prensa o 19 de novembro e darlle difusión a sociedade das nosas alegacións. Diversos medios cubren a rolda de prensa: Nese mesmo día o COTSG acompañado da CIG, CCOO e SLG son recibidos por Olalla Rodil do grupo parlamentario do BNG e Silvia Longueira do grupo parlamentario socialista no Parlamento de Galicia. O 27 de novembro o COTSG xunto coas organizacións Sindicato Labrego Galego, a CIG e CCOO, solicitan a comparecencia de forma urxente da Conselleira de Poltica Social e Igualdade no Consello Galego de Benestar Social. O xoves 4 de decembro a vogal do COTSG Isabel Fernández e o coordinador David Gontán, van convidados polo BNG a sesión plenaria do Parlamento de Galicia onde se debate sobre dependencia. E apórtase un informe sobre casos reais de Dependencia en Galicia (aportación de traballadoras sociais de servizos sociais comunitarios) e listaxes de espera. O 17 de decembro de 2024 o Parlamento Galego aproba os orzamentos 2025 por maioría, do grupo de goberno. Sen aceptar as alegacións propostas. O xoves 2 de xaneiro de 2025 publícase no DOG a resolución do 31 de decembro de 2024 pola que se aproba o modelo normalizado de solicitude conxunta de recoñecemento da situación da dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia e do recoñecemento do grao de discapacidade (código de procedemento BS210A). O COTSG o xoves 3 de xaneiro de 2025 publica esta nota de prensa: O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) denuncia que a Xunta de Galicia aprobou recentemente a modificación da Lei 13/2008 de Servizos Sociais e do Decreto 142/2023 sen consultar coas profesionais do sector e sen ter en conta as alegacións presentadas polo COTSG: Con esta situación o COTSG volve solicitar de forma urxente unha xuntanza coa Conselleira de Política Social e Igualdade Fabiola García Martínez. Nesta semana a Xunta de Galicia publica unha instrucción interna a través da aplicación MATIASS, onde se refire a nosa ferramenta de diagnose social como: o extenso informe social. Ademáis este anuncio introduce a: Eliminación de tarefas burocráticas: o Informe Social Unificado só se solicitará cando a información sexa manifestamente insuficiente. Xa que esta introducción non aparecía no texto aprobado no Parlamento Galego. O COTSG está analizando xuridicamente este novo epígrafe. Por outra banda o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, contactou coa FEGAMP como organismo que representa aos concellos galegos, para trasladar a situación caótica que viven os Servizos Sociais Comunitarios, en parte provocada pola desinformación por parte da administración autonómica a profesión de Traballo Social. Para que solicite formalmente a Xunta de Galicia e de forma urxente, a organización de xuntanzas cos concellos para informar de xeito claro e inequívoco os cambios previstos. Ademáis, este venres 10 de xaneiro o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, mantivo unha xuntanza, con organizacións sindicais (CCOO, CIG e SLG) coa intención de organizar accións de protesta por estes cambios e na defensa do sistema de servizos sociais. Seguiremos informando. |
Que esta a suceder coa normativa do sistema de dependencia?
Data: Xaneiro 22, 2025