A tutela non é reforma. E confundilo é moi grave.
A traxedia ocorrida en Badaxoz é terrible. Queremos expresar o noso apoio, comprensión e acompañamento á familia, ás amizades e ao equipo da educadora falecida. Ningunha persoa que dedica a súa vida a coidar e acompañar debería enfrontarse a unha violencia así.
Pero tamén é grave o erro que cometen algúns medios ao falar de “piso tutelado” cando, en realidade, trátase dun centro de reforma con medidas xudiciais.
❌ Unnha vivenda tutelada acolle a mozas e mozos que foron protexidos polo sistema de protección de menores porque as súas familias non puideron ou non quixeron coidalos.
❌ Un centro de reforma é un recurso dirixido a mozos que cometeron delitos e cumpren medidas xudiciais.
Son dúas realidades completamente diferentes, pero a súa confusión no discurso público contribúe a estigmatizar a milleiros de mozas e mozos tutelados que, lonxe de ser un perigo, son vítimas de situacións extremas e loitan por saír adiante.
💡 Pedir rigor non é un matiz, é unha cuestión de xustiza.
#ProtecciónNonÉReforma #NonÁEstigmatización #InfanciaSenPrexuízos