Publicado o Real Decreto-lei 23/2021, do 26 de outubro, de medidas urxentes en materia de enerxía para a protección dos consumidores
Data: Abril 26, 2024

Aumenta a porcentaxe de desconto do bono social eléctrico, así como o bono termico, vinculado ao anterior ata o 31 de marzo de 2022.

Boso social eléctrico:

  1. No caso do consumidor vulnerable, o desconto será do 60 por cento.
  2. No caso do consumidor vulnerable severo, o desconto será do 70 por cento.

Os ditos descontos serán de aplicación a todo o período de facturación, sempre que este conteña días integrados no período de aplicación desta medida.

Bono social térmico:

A axuda mínima por beneficiario pasa a ser de 35 euros para o exercicio 2021 (beneficiarios do Bono Social a 31 de decembro de 2020).

Podes consultar o Real Decreto-lei 23/2021, do 26 de outubro aquí.