Publicado o número 26 da Revista Fervenzas
Data: Abril 18, 2024

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) publica o número vinte e seis da Revista Galega de Traballo Social Fervenzas. Este é o primeiro número publicado tras celebrar os 25 anos da revista. Neste número, tratánse temas como muller e saúde, infancia e familia, Servizos Sociais, dependencia, entre outros. Dende o COTSG, agárdase que o novo número da revista sexa do interese da colexiación, ademais de agradecer ás persoas que colaboraron na súa edición.

Podes consultar o número completo aquí.