A Xunta de Galicia vén de facer públicas as listas provisionais para a contratación temporal de persoal laboral. As listas poderanse consultar no portal web corporativo da Xunta de Galicia, apartado de <Listas de contratación>, no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012 e nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía da Xunta de Galicia (oficinas dos edificios administrativos da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo).
Podes consultar a información nesta ligazón.