Publicada a cuarta e última parte do documental do COTSG
Data: Xullo 16, 2024

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia publica a cuarta e última entrega do documental do seu 40º aniversario. Esta peza audiovisual, dividida en catro partes, percorre as catro décadas de historia da colexiación galega. O documental estrouse en marzo na gala do aniversario do COTSG.

Na canle de YouTube do COTSG xa se podían ver as tres primeiras partes do documental, que inclúen a fundación do colexio, así como os avances da década dos anos 90 e os desafíos do século XXI. Nesta última entrega, reivindícase a importancia do equipo humano que integra o COTSG e as funcións que realizan día a día. Podes ver a cuarta parte aquí.