Proxecto “Enredando” de Cruz Vermella Galicia
Data: Abril 20, 2024

O proxecto “Enredando” de Cruz Vermella Galicia, ten como obxectivo xeral reducir a fenda dixital entre a poboación á que atende a Organización na nosa comunidade autónoma.

Trátase dun proxecto de capacitación dixital que xorde para evitar procesos de exclusión social por motivos económicos, de xénero, de idade, nivel educativo ou zona de residencia, entre outros.

O acceso ás tecnoloxías da comunicación xa non son unha vía de mellora, senón un elemento imprescindible sen o acceso ao cal as persoas están, simplemente, fóra do acceso a moitos servizos privados e públicos.

Podes acceder a toda a información deste programa aquí