Dende o ano 1998 o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia encargase da planificación, xestión e mantemento do programa MATIASS mediante un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia. O actual convenio tiña vixencia do 15 de agosto do 2021 ate o 14 de agosto de 2025, e prevía a posibilidade dunha prorroga por outros catro anos.
O COTSG e a Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, acordaron asinar a prorroga prevista, e polo tanto a xestión do MATIASS e do SIUSS esta comprometida ate o 14 de agosto de 2029 por un custo máximo de 416.676,96 €, nas catro anualidades. A distribución por actividades é a seguinte:
Actividade nº 1: Xestión do sistema de información estrutural dos servizos sociais MATIASS (Manual de Traballo, Información e Asesoramento de Servizos Sociais). Importe (IVE incluído): 192.000,00 €
Actividade nº 2: Xestión do sistema de información de usuarios de servizos sociais de Galicia (SIUSS-SIUSSGAL). Importe: 192.000,00 €
Actividade nº 3: Establecemento dos requirimentos semánticos, conceptuais e tecnolóxicos precisos para o transvasamento dos datos desde SIUSS-SIUSSGAL ao PBSS, así como para a debida coherencia e homoxeneidade terminolóxica: 32.676,96 €
PRORROGA DO CONVENIO 2025/2029