O Colexio Oficial de Traballo Social impulsa unha liña de traballo sobre o autocoidado profesional. Nesta iniciativa inclúense unha serie de actividades web, que podes consultar aquí, ademais de promover distintos obradoiros de autocoidado.
Precisamente, no COTSG estase a traballar no programa dos próximos obradoiros de autocoidado profesional. Para iso, o colexio quere contar coa opinión das persoas colexiadas, para propoñer actividades relacionadas co autocoidado profesional.
As persoas que queiran facer unha proposta, poden trasladala neste formulario.