Abriuse o prazo para a convocatoria 2021/2022 do Programa de Intercambio Internacional para Traballadoras e Traballadores Sociais do C.I.F. ( Council of International Fellowship). Esta organización sen ánimo de lucro está xestionada por persoas voluntarias e foi fundada en 1960 co obxectivo de promover o intercambio profesional e cultural de profesionais dos servizos sociais, en especial de traballadoras e traballadores sociais nun período de tempo.
Este programa non é unha oferta de inserción laboral para traballadores/ as sociais en situación de desemprego; é unha proposta para o intercambio de experiencias profesionais e persoais en contextos socioculturais diferentes.
Prazo: o prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 10 de decembro de 2021.
Toda a documentación terase que facer chegar a CIF Spain que será o primeiro filtro para poder participar e distribuirao aos países seleccionados. (seleccioncifspain@gmail.com).
No seguinte documento encontraredes toda a información necesaria deste programa e a súa solicitude.
Premendo aquí accededes a información completa que nos aporta o Consello Xeral de Traballo Social.