As mulleres con problemas de saúde mental son un colectivo frecuentemente invisibilizado. Experimentan una tripla discriminación: rexeitamento pola discapacidade, estigma asociado aos problemas de saúde mental e a discriminación derivada de ser muller.
O “Programa de Atención Integral a Mulleres con Enfermidade Mental en Situación de Vulnerabilidade”, busca fomentar a igualdade de oportunidades para reducir a discriminación que sofren estas mulleres.
Para isto, defínense itinerarios personalizados de atención que inclúen darlles información e asesoramento sobre aspectos como a psicoloxía, os recursos que teñen á súa disposición, o ámbito xurídico ou o acceso ao emprego. Tamén se lles ofrecen ferramentas para aprender a identificar e previr a violencia de xénero e a discriminación da que estas mulleres son vítimas en moitas ocasións.
Ademais, organízanse acción grupais que permiten compartir experiencias e aprender unhas das outras. Facemos en común talleres de autoestima e autocoidados; afectividade; sexualidade e anticoncepción; prevención de malos tratos; habilidades sociolaborais para a empregabilidade, etc.
Financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade e executado por Saúde Mental FEAFES Galicia, o obxectivo deste programa é dotar ás 51 participantes dunha maior autonomía e independencia que permita mellorar a súa situación persoal.