Rematado o prazo oficial de presentación de candidaturas no proceso electoral para escoller a Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, so se formalizou a de Rosario Capelo Casas polo que, ao non constar ningunha reclamación á mesma no prazo estipulado ao efecto, dende o día 6 de febreiro de 2026 esta candidatura é oficialmente proclamada como definitiva.
O feito de que sexa a única candidatura presentada implica que se suspenden as seguintes fases do proceso electoral, sendo a gañadora do mesmo. Queda pendente a Toma de Posesión da nova Xunta de Goberno para que o equipo encabezado por Rosario Capelo Casas comece a dirixir o COTSG. Este acto terá lugar antes do día 13 de marzo, data límite do prazo establecido.
Agradecer ás persoas que compoñen esta candidatura a vontade de entregar o seu tempo e esforzo para fortalecer a dimensión institucinal do Traballo Social a traves da organización colexial, elemento colectivo da profesión. Ademais do desexo de que a súa xestión acade as metas que se propoñan, que de seguro repercutiran no cotiá de profesionais, persoas usuarias e da sociedade en xeral.

