PREPARANDO A ESCOLA DE VERÁN 2024 EN GALICIA!
Data: Decembro 26, 2024

¡Xa ultimando os preparativos da próxima Escola de Verán no Concello de Carballiño!

A presidenta do COTSG, Miriam Rodríguez, a vicepresidenta do COTSG e vogal do CGTS, Ana Vilar, e Antonio Doval, tesoureiro do COTS, visitaron as instalacións da Residencia de Tempo Libre do Carballiño nas que se celebrará a Escola de Verán do Consello Xeral de Traballo Social durante o día 21,22 e 23 de xuño.

Ata alí, desprazouse o concelleiro de Servizos Sociais do Carballiño, Diego Fernández, quen lle deu a benvida e participou nunha reuniónde traballo na que se tratou o desenvolvemento das xornadas,os puntos turísticos da vila para visitar e a plena disposición do Concello do Carballiño para colaborar co colectivo.