O sábado 10 de maio de 2025 Unión Profesional de Galicia realizará a entrega dos Premios a excelencia e o compromiso profesional 2025.
Podes participar enviando a candidatura dunha persoa colexiada proposta.
Envía un correo a info@traballosocial.gal co asunto: Premios de Unión Profesional de Galicia.
Recorda enviar :
- Xustificación da proposta, en base o desenvolvemento profesional e aporte a profesión.
- Fotografía da persoa proposta.
- Breve currículo da persoa proposta.
Con todas as candidaturas propostas, realizarase unha comprobación da información para elexir a candidatura gañadora.
Este ano o prazo é curto por un erro na recepción da información dos premios, así que recibiremos candidaturas ata o xoves 10 de abril as ás 23:59.
Unha vez comprobadas as candidaturas, habilitarase unha votación durante o sábado e domingo, para escoller entre as persoas propostas, a candidatura gañadora.