O Consejo General del Trabajo Social anuncia a concesión do PREMIO ESTATAL DE TRABALLO SOCIAL 2026 na categoría de Organizacions para a Frota da Liberdade (Freedom Flotilla Coalition), da que forma parte a campaña estatal Rumbo a Gaza, e que será entregado o vindeiro 29 de maio na gala dos XIV Premios Estatais de Traballo Social.
A frota da liberdade é unha alianza internacional de persoas e colectivos que dende hai máis de 15 anos realizan accións navais dende a sociedade civil e non violenta para defender os dereitos do pobo palestino denunciando o bloqueo de Gaza. A súa mensaxe é que ningunha vida é prescindible e ningún bloqueo pode normalizarse. A solidariedade internacional posibilita os fondos para estas accións nas que se intenta achegar axuda humanitaria esencial.
Despois das acción do 2025, de gran importancia por coincidir co xenocidio da poboación palestina por parte do exercito israelí, o 12 de abril deste ano volven ó mar para intentar abrir un corredor humanitario.
O Consejo General del Trabajo Social que recoñecer, deste xeito a solidariedade que asume riscos para protexer os dereitos e a dignidade humana, e denunciar a responsabilidade colectiva internacional en feitos tan brutais como o que acontece en Gaza.

