Premio á excelencia e compromiso profesional 2025
Data: Abril 16, 2025

A compañeira Maria Jesús Varela Tabarés. recibira este ano o premio á excelencia e ao compromiso profesional en Traballo Social convocado por Unión Profesional de Galicia.  María Jesús traballa dende hai mais de 25 anos en ASPANAEX , entidade viguesa do ámbito da discapacidade. Antes de comezar a súa vida laboral, foi voluntaria na entidade Abertal. En FADENGA tivo a súa primeira experiencia laboral,  da que pasou á Asociación Juan María Esperanza do Val, para continuar na xa mencionada ASPANAEX.

O seu papel foi fundamental na promoción da inclusión e o apoio ás persoas con discapacidade, ás súas familias e por tanto facendo mellor á sociedade da comarca de Vigo no seu conxunto.  Foi unha das impulsoras do proxecto de ocio para persoas con discapacidade, incluídos os campamentos de verán para persoas con discapacidade que se manteñen na actualidade.

A súa figura profesional e humana é amplamente recoñecida dentro do colectivo profesional do Traballo Social da súa comarca.

O día 10 de marzo tera lugar a entrega deste merecido premio.