Posicionamento do grupo de Traballo Social en Educación do COTSG ante a figura de coordinación de benestar nos centros escolares
Data: Abril 27, 2024

O COTSG vén de enviar á Consellería de Educación máis a Consellería Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica,  o posicionamiento do Grupo de Traballo Social en Educación ante a figura de Coordinación de Benestar Social nos centros escolares. 

A Conferencia Sectorial de Infancia e Adolescencia enmarcada no Ministerio de Dereitos sociais, acordou o pasado 15 de novembro, en colaboración coas Comunidades autónomas, a figura de Coordinación de benestar Infantil para o vindeiro curso 2022-2023, medida recollida no Plan de Implementación da Lei Orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de Protección á Infancia e á adolescencia fronte a Violencia.

A figura de coordinadora/or de Benestar nace para detectar, previr e protexer ao alumnado nos centros educativos, establecendo a necesidade de protocolos de actuación ante indicios de abuso, maltrato, acoso escolar, ciberacoso, acoso sexual, violencia de xénero, violencia doméstica, suicidio, autolesión e calquera outro tipo de violencia.

As funcións encomendadas para a figura de Coordinadora/or de Benestar infantil son coincidentes coas desempeñadas polo Traballo Social, vencellado a isto,  consideramos que a figura do Traballo social é imprescindible e fundamental nos centros educativos e como Coordinadora de Benestar como disciplina referente dos Servicios sociais (artigo 24 da Lei 13/2008 de Servizos Sociais de Galicia) e na protección da infancia, sendo as e os Traballadores sociais canle de coordinación directa co Equipo de menores da Xunta de Galicia, Servizos Sociais, Sanidade e Xustiza, e tendo coñecemento e dominio de recursos para paliar efectos e consecuencias nocivas na infancia e Familias desta comunidade.