Posicionamento do COTSG en relación ao nomeamento de Traballadores/as Sociais como Responsables do contrato de SAF 
Data: Abril 27, 2024

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, en relación co nomeamento de traballadores/as Sociais como Responsables do contrato de SAF, INFORMA segundo o asesoramento realizado pola súa asesoría xurídica do seguinte:

 

  •  Que dende a Asesoría Xurídica do COTSG se considera que nomear ás Traballadoras Sociais como Responsables do Contrato do SAF no eido municipal podería resultar contraria a dereito ao establecer un nivel de responsabilidade inadecuado a súa titulación e categoría profesional.

 

  • Entendemos que excede das funcións que as Traballadoras Sociais teñen encomendadas realizar actuacións de verificación do cumprimento en materia social, fiscal e ambiental no ámbito da contratación pública, interpretar o clausulado do contrato ou a proposición e imposición de penalidades por incumprimento dos acordos alcanzados entre as partes contratantes, entre outras.

 

  • As funcións que se encomendan ás Traballadoras Sociais, teñen que referirse en exclusiva á relación laboral que une e vincula ás partes, debendo respectar as Administración Públicas os límites establecidos na normativa que resulta de aplicación.