O pasado xoves presentouse en Vigo a plataforma Emerxencia Dependencia, Plataforma galega por unha atención digna á dependencia. Esta plataforma constituída por partidos políticos (BNG, PSOE, Sumar, Podemos, Esquerda Unida, Ferrol en Común, Compostela Aberta), sindicatos (CCOO. GIG, CUT, Sindicato Labrego Galego) Colexios Profesionais (psicoloxía, terapia ocupacional, traballo social), a Asociación Galega na Defensa do Sistema Público da Discapacidade e a Dependencia e o Movemento Galego de Defensa das Pensións.
O COTSG forma parte do grupo que promoveu o nacemento desta plataforma que reclama un sistema público galego de atención á dependencia, forte e coordinado co sistema sanitario, entre outras demandas consideradas necesarias para mellorar a atención das persoas usuarias deste sistema e das traballadoras do mesmo.
A vía de contacto coa platafoma é emerxenciadependencia@gmail.com
Podes ler o manifesto fundacional neste ENLACE

