Participación do COTSG no Congreso Internacional de Traballo Social en Oslo
Data: Outubro 9, 2025

O Congreso Internacional de Traballo Social, celebrado en Oslo do 6 ao 8 de outubro do2025, xuntou a máis de 600 profesionais de 40 países. “Fortalecendo a solidariedade global para un futuro sostible” foi o lema escollido para resumir a súa vocación.

Este encontro tivo como obxectivo principal promover a cooperación e o intercambio de experiencias para afrontar os desafíos sociais e ambientais dende unha perspectiva ecosocial e interdisciplinaria, situando o Traballo Social no centro da transformación cara a sostibilidade.

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia presentou a comunicación “O Traballo Social no rural galego como estilo de vida sustentable e protector da comunidade”. Este traballo coa autoría de Nuria Valiño, Luz Campello, Miriam Rodríguez e David Gontán, reclama a conservación das comunidades rurais galegas como garantes da calidade de vida das persoas que a habitan e os valores que as conforman. As políticas que garantan os servizos sociais de proximidade e adaptados ás características singulares do medio rural galego e aos desexos e expectativas da súa poboación, sitúanse como ferramentas imprescindibles para a súa supervivencia.

Como instrumento de apoio a presentación en Oslo, realizouse un vídeo localizado na Fonsagrada no que se concretan e identifican os elementos fundamentais desenvoltos nesta comunicación. Recomendamos que o visualicedes neste enlace VIDEO

Xunto con esta importante representación, estiveron neste  evento as compañeiras de Galicia Teresa Facal e Diana Escobar, que presentou unha comunicación sobre Traballo Social educativo.

O Consello Xeral de Traballo Social pola súa parte colaborou no contido técnico deste encontro internacional coa presentación da experiencia de funcionamento do Grupo Estatal de Intervención en Emergencias Sociales (GEIES) e en concreto do proxecto desenvolto en Valencia na atención a persoas e comunidades afectadas pola DINA do pasado ano 2024.