Participa no proxecto europeo Responsive para a participación da ciudadanía nos servizos sociais
Data: Xaneiro 22, 2025

O proxecto RESPONSIVE, subvencionado pola UE, ten como obxectivo mellorar a capacidade de resposta dos servizos sociais de Europa ás aportacións da cidadanía.

A Federación Internacional de Traballadores Sociais – Rexión Europa, socio do proxecto, anima a traballadoras sociais europeas e responsables de coordinación e dirección dos centros e proxectos de servizos sociais a contestar unha enquisa para coñecer experiencias e boas prácticas.

Acceso á enquisa

Máis información sobre o proxecto

Pretendese aumentar o impacto da voz da cidadanía nos enfoques, a organización e a prestación de tres tipos de servizos sociais: discapacidade e saúde mental, protección infantil e xoves en risco, recoñecemento ó mesmo tempo que a cidadanía que enfronta altos niveis de complexidade nas súas vidas a miúdo recorren a múltiples servizos.

A enquisa estará dispoñible ate o 15 de febreiro.

Ademais desta investigación están activas outras tres dende esta semana, nas que vos animamos a participar: