Dende o Consejo General de Trabajo Social anunciase que o XIII premio estatal de Traballo Social na categoría de organizacións para OPEN ARMS e que será entregado na celebración do Dia Mundial do Traballo Social neste vindeiro mes de marzo.
Esta entidade nacida no ano 2015, ten sede en Badalona e o seu impulsor é Oscar Camps. Proactiva Open Arms (POA) tivo a sua primeira base en Lesbos, unha illa grega do arquipélago das Clicadas, dende onde comezaron a actividade de rescate no mar das persoas que intentan chegar ás costa europeas no Mediterráneo Central. Dende o seu barco, Azzurro, segue a axudar á xente en augas internacionais ao norte de Libia.
O rescate no mar de persoas en risco é unha das actividades directas que mais vidas salvan, xa que interveñen en situacións desesperadas. A súa actividade foi perseguida por distintos gobernos que non valoran as vidas das persoas mígrantes, senón intereses políticos que pouco teñen que ver cos dereitos humanos.
Parabéns a OPEN ARMS.