Entidade Ofertante

Xefe/a de área USC

Entidade Ofertante

USC
Descrición do posto:

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2021 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante no cadro de persoal funcionario.

Primeira. Poderán participar as persoas funcionarias de carreira da USC que reúnan os requisitos que se exixen e se especifican no anexo I.

Segunda. A solicitude para participar figura como anexo II desta convocatoria e presentarase exclusivamente a través do Rexistro electrónico da USC, https://sede.usc.es/sede/publica/persoais/rexistroEntrada/acceso.htm no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Terceira. A solicitude deberase presentar acompañada de curriculum vitae e da xustificación documental daqueles méritos que se aleguen e que non consten acreditados no expediente persoal dos/das aspirantes.

Cuarta. De conformidade co establecido no artigo 18 do Regulamento de mobilidade de PAS funcionario da USC, a persoa funcionaria de carreira que desempeñe en comisión de servizos o posto de libre designación incluído nesta convocatoria terán a obriga de participar. O incumprimento desta obriga dará lugar á revogación da comisión de servizos.

Quinta. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia e poderase declarar deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Número de praza: PF000959.

Subgrupo: A1/A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 30.091.32 €.

Quenda: mañá.

Tipo de emprego: Público
Ir a oferta: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210511/AnuncioG2018-300421-0001_gl.html
Localización: Santiago de Compostela

Contacto