Entidade Ofertante
Técnico de Intervención Familiar
Entidade Ofertante
Fundación Meniños
Descrición do posto:
Responsabilidades:
Execución e desenvolvemento dos procesos de Intervención Familiar.
Colaboración no deseño, seguimento e mellora dos procesos de Intervención Familiar.
Disposición á mellora continua.
Coordinación co resto de profesionais do equipo e co doutras entidades, administracións e recursos implicados.
Colaboración na identificación de necesidades de clientes-usuarias e na súa satisfacción.
Colaboración coa coordinación do equipo e a dirección técnica na xeración de propostas de mellora. Colaboración coa coordinación do equipo e a Dirección Técnica na elaboración de memorias e informes.
Colaboración coa área de Comunicación e a Dirección Técnica na xeración de contidos de comunicación e sensibilización.
Tarefas administrativas inherentes ao traballo e outras tarefas administrativas expresamente asignadas.
Cumprimento estrito co código deontolóxico da súa profesión e cos valores e código ético de FUNDACIÓN
MENIÑOS.
MENIÑOS.
Tarefas Principais:
Desenvolver todas as actuacións derivadas do proceso de Intervención Familiar (Admisión de casos, análises e elaboración do Plan de Actuación, Intervención, Seguimento de actuacións e Entrega), aplicando os coñecementos emanados do seu campo profesional e especialización formativa, #de acordo con os procedementos de calidade establecidos.
Rexistro e documentación de todas as actuacións conforme o sistema informatizado establecido.
Actitude flexible e auto-revisión para a mellora continua e a incorporación de novos coñecementos.
Colaboración na xeración de propostas de mellora dos procesos de intervención.
Colaboración na elaboración de memorias e informes do traballo realizado.
Coordinación con todas as partes implicadas procurando un bo nivel de satisfacción de clientes e grupos de interese (Administracións, entidades, organismos e recursos relacionados coa intervención con familias e infancia).
Xeración de contidos de comunicación e sensibilización.
Realización das tarefas transversais a toda a organización de obrigado cumprimento para todo o equipo humano (protección de datos, riscos laborais e outras).
Aqueloutras tarefas que lle sexan asignadas nos procedementos e / ou as encomendadas pola persoa de quen dependa ou a Dirección Xeral. Formación Requirida: Licenciatura ou diplomatura no ámbito da intervención social. Coñecementos en Intervención familiar. Experiencia Laboral: Segundo requisitos do cliente e necesidades da Fundación especificadas na convocatoria de selección de persoal. Outros Requisitos: Sensibilidade e empatía. Capacidade de resolución de problemas. Capacidade para o traballo en equipo. Actitude proactiva cara ao coñecemento e a mellora continua. Capacidade de redacción. Coñecementos informáticos para o manexo de programas de tratamento de textos, control de datos e rexistro en bases de datos. Dominio do galego (para os postos de traballo en Galicia). Permiso de conducir clase B e os especificados na convocatoria de selección de persoal segundo necesidades da Fundación
www.meninos.org
Tipo de emprego: Privado
Ir a oferta:
Localización: Ourense
Contacto
9881888411
Gemma Soto Lopez
