Entidade Ofertante

TRABALLADORA/OR SOCIAL - Cogami

Entidade Ofertante

Descrición do posto:

COGAMI selecciona Traballador Social para os seus centros de COIA e BAIONA. Para Substitución de Vacacións de todo o mes.

A distribución será:
– Do 1 ao 15 en Coia (35h)
– Do 19 ao 30 en Baiona (31h aprox.)

As principais funcións a realizar pola persoa seleccionada son:

– Planificar e organizar o traballo social do centro mediante unha adecuada programación de obxectivos e racionalización do traballo.
– Colaborar e realizar aqueles estudos encamiñados a investigar os aspectos sociais relativos ás persoas usuarias.
– Executar as actividades administrativas e realizar os informes sociais, e os que lle sexan pedidos pola dirección do centro, facilitar información sobre os recursos propios, alleos e efectuar a valoración da súa situación persoal, familiar e social.
– Realizar os tratamentos sociais mediante o servizo social de cada caso e de grupo.
– Fomentar a integración e participación das persoas usuarias na vida do centro e da contorna.
– Coordinar os grupos de traballo e animación sociocultural.
– Participar na comisión técnica.
– Realizar as xestións necesarias para a resolución de problemas sociais do centro, principalmente coas entidades e institucións locais.
– Participar, co equipo multiprofesional, na elaboración das orientacións ou da atención que necesiten as persoas usuarias.

Ofrécese
– Salario segundo V Convenio de Residencias de Galicia
– Xornada Parcial (35h primeira quincena, 31h aprox. segunda quincena)
– Horario Flexible

Tipo de emprego: Privado
Ir a oferta: https://www.infojobs.net/vigo/trabajador-social-para-los-centros-coia-baiona-septiembre/of-i9d0408d2644f4c9f4118980615047f?applicationOrigin=search-new&page=1&sortBy=RELEVANCE
Localización: COIA E BAIONA

Contacto