Entidade Ofertante
Entidade Ofertante
O Concello de Taboada por Resolución de Alcaldía de 12.05.2023 aprobou convocatoria e POR Resolución de alcaldía de data 12.05.2023 aprobou as “BASES DA CONVOCATORIA PARA A COBERTURA MEDIANTE OPOSICIÓN DE 1 PRAZA DE TRABALLADOR/A SOCIAL A XORNADA COMPLETA E DE DURACIÓN MÁXIMA DE 6 MESES COMO PERSOAL TEMPORAL AO ABEIRO DAS SUBVENCIÓNS DA XUNTA DE GALICIA PARA TRANSFERENCIAS FINALISTAS PARA O COFINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL REGULADA NO DECRETO 99/2012, DO 16 DE MARZO E A CREACIÓN DE NOVA BOLSA DE RESERVA DE VALIDEZ DURANTE 6 MESES”.
Modalidade contratación: A modalidade do contrato será laboral temporal e a súa duración será como máximo
de 6 meses na modalidade aumento de circunstancias da produción ao amparo do Real Decreto-lei 32/2021.
Xornada: completa.
Prazo presentación solicitudes: 5 días hábiles a partir da publicación do presente anuncio no BOP de Lugo.
Salario: retribución bruta mensual de 1.532,82 € incluíndo o rateo das pagas extras.
Funcións: as que se especifican nas Bases antes citadas.
As bases atópanse dispoñibles en:
paxina web: : www.concellotaboada.es
oficinas xerais e taboleiro de anuncios do Concello de Taboada
