Entidade Ofertante
Entidade Ofertante
O Concello de Rubiá convoca o seguinte procedemento de selección de persoal laboral temporal.Denominación do posto: traballador/a social.
Contrato: laboral temporal, modalidade de substitución a xornada completa.
Documentación e bases: as esixidas nas bases da convocatoria, que foron aprobadas pola Alcaldía con data 16-06-2022 e poderán ser consultadas no Concello de Rubiá, en horas de oficina.
Instancias: as solicitudes para participar no procedemento de selección formalizaranse no modelo de instancia que se xunta a estas bases, dirixiránselle ao alcalde e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Rubiá, durante o prazo de 5 días naturais,contados dende o día seguinte ao da derradeira publicación, no diario La Región e no BOP de Ourense. O horario de presentación de documentación será, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h.
