Entidade Ofertante
Entidade Ofertante
Traballador/a Social para acollida e atención directa a colectivo migratorio en dispositivo de Protección Internacional
LOCALIZACIÓN
Dispositivo situado na provincia de Lugo
FUNCIÓNS
– Intervención individual e grupal, co colectivo de atención
– Acompañamento a persoas solicitantes de protección internacional e/o refuxiadas do perfil citado na descrición do posto.
– Acompañamento en xestións relacionadas co seu proceso de inclusión e a súa solicitude de protección internacional e/o situación xurídico administrativa.
– Mediación intercultural para a convivencia, resolución de conflitos e funcionamento interno do dispostivo de acollida.
– Visita ás persoas que conviven nos dispositivos de acollida xestionados polo programa.
– Planificación e realización de actividades de lecer e tempo libre, así como pedagóxicas e socioeducativas desde unha visión transcultural.
– Coordinación con outras áreas e recursos: tanto a nivel interno como externo, con outras entidades, organismos, institucións, profesionais etc.
– Elaboración de escritos e informes sociais así como posta en marcha de Itinerarios de Inserción Individualizados.
– Procura de recursos de interese para o colectivo de atención.
– Participación en procesos de formación interna así como grupos de traballo e/o reunións externas.
– Xestión de axudas económica e tarefas administrativas asociadas á execución do proxecto.
– Apoio na procura de financiamento, estudo de convocatorias, formulación de proxectos, elaboración de informes de seguimento, etc
– Reporte a responsables de área e departamento.
PERFIL REQUIRIDO
– Diplomatura / Grao en Traballo Social.
– Colexiación vixente na CCAA do posto.
– Coñecementos e/o experiencia en intervención con persoas solicitantes e/o beneficiarias de protección internacional.
– Formación e/o experiencia en mediación e resolución de conflitos desde un enfoque transcultural.
– Experiencia traballando en equipos interdisciplinares.
– Coñecemento sobre o tecido asociativo e recursos de apoio a colectivos vulnerables.
– Experiencia profesional en intervención social con vítimas de trata de seres humanos.
– Experiencia en intervención social en situacións de urxencia social.
– Experiencia en intervención social en recusos de acollida.
A VALORAR
– Experiencia previa en intervención en recursos residenciais
– Experiencia previa en xestión de axudas económicas.
– Coñecementos do uso da aplicación informática SIRIA.
CARACTERÍSTICAS DO POSTO
• Inicio de contrato: Inmediato.
• Contrato temporal con posibilidade de extensión.
• Xornada completa 37,5 h/ semana
• Salario: segundo táboas salarias correspondentes ao Convenio colectivo estatal de acción e intervención social, grupo Profesional 1.
CANDIDATURAS
