Entidade Ofertante

Traballador/a Social

Entidade Ofertante

OHL SERVICIOS INGESAN S.A.
Descrición do posto:

Oferta dun posto de Ts para o Centro de atención a vítimas de violencia sexual en centros de crise 24 horas para Ferrol.

Funcións a realizar:

  • Atención de emerxencia e en situacións de crise.
  • Información, orientación, asesoramento á vítima e ao seu entorno de referencia.
  • Acompañamento á vítima en todas as xestións necesarias, en función das súas demandas e necesidades, realización de trámites e activación da rede social.
  • Apertura de expediente e elaboración da historia social.
  • Planificación da intervención psicosocial e xurídica.
  • Aplicación de técnicas e ferramentas da intervención social destinadas á intervención en crise e en eventos traumáticos no curto e medio prazo.
  • Preparación da derivación da persoa a outros recursos da asistencia terapéutica en caso de ser necesario.
  • Acompañamento ás mulleres que o requiran ao centro sanitario especializado correspondente.
  • Elaboración de informes.
  • Labor investigadora, sensibilizadora, divulgativa e formativa.
  • Coordinación con outros recursos.
  • Calquera outras funcións propias do ámbito social e da súa categoría profesional indicadas pola persoa coordinadora que puideran necesitarse para a correcta prestación do servizo.

 

Requisitos:

  • Título  de Traballo Social.
  • Formación complementaria de 200 horas en materia de igualdade, prevención e loita contra a violencia de xénero  e/ou violencia sexual.
  • Coñecementos de lingua galega. CELGA 4
  • Experiencia laboral de 1 ano, desenvolta en entidades públicas ou privadas, ou realizando voluntariado en entidades de acción voluntaria, en intervención social en contextos de violencia de xénero e / ou  violencia sexual.

 

  • Condiciones laborais: Contratación indefinida a xornada completa. Condicións salariais segundo Convenio colectivo de acción e intervención social 2022-2024.

E-mail para recepción de candidaturas: jessica.reigada@ingesan.es / javier.avila@ingesan.es

Tipo de emprego: Privado
Ir a oferta:
Localización: Ferrol A Coruña

Contacto