Entidade Ofertante

Traballador/a social – Cospeito

Entidade Ofertante

Eulen Servicios Sociosanitarios
Descrición do posto:

Posto: Traballador/a Social Cospeito (Lugo)

 

En Eulen Servicios Sociosanitarios seleccionamos un/ha Traballador/a Social para  centro de día en Cospeito.

Funcions

Planificar e organizar o traballo social do centro mediante unha axeitada programación de obxectivos e racionalización do traballo.

Colaborar e realizar aqueles estudos encamiñados a investigar os aspectos sociais relativos ás`persoas residentes.

Executar as actividades administrativas e realizar os informes sociais de residentes,

Realizar os tratamentos sociais mediante o servizo social de cada caso e de grupo a todos/as os/as residentes.

Fomentar a integración e participación dos/as residentes na vida do centro e do entorno.

Coordinar os grupos de traballo e animación sociocultural.

Participar na comisión técnica.

Realizar as xestiones necesarias para a resolución de problemas sociais

Participar, co equipo multiprofesional ou departamento médico, na elaboración das orientacions

Visitar a residentes enfermos/as.

 

Ofrecemos

Contrato eventual por cobertura de IT

Xornada parcial  de 32 h/s de Luns a Venres según turnos rotativos de maña e  tarde

Salario en función do convenio

Incorporación inmediata.

Buscamos

  • Formación: Grao/Diplomatura en Traballo Social
  • Experiencia mínima de 3 meses no posto en centros de día, dependencia ou servizos afins
  • Residencia en Lugo, Cospeito ou cercanías
  • Carné de conducir e vehículo propio
  • Incorporación inmediata
  • Dispoñibilidade para traballar en horarios rotativos de maña e tarde

Envía CV o antes posible a empleonoroeste@eulen.com e indica no asunto “Traballador/a Social Cospeito”

Tipo de emprego: Privado
Ir a oferta:
Localización: Lugo

Contacto