Entidade Ofertante

Traballador/a social

Entidade Ofertante

Concello de Guntin
Descrición do posto:

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2022 referente á convocatoria do proceso selectivo para prover unha praza de traballador/a social.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 13, do 18 de xaneiro de 2022, publicáronse integramente as bases que deben rexer a convocatoria para prover:

– Unha praza de traballador/a social do cadro de persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de oposición, quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos da forma prevista nas propias bases.

Tipo de emprego: Público
Ir a oferta: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220124/AnuncioL423-180122-0002_gl.html
Localización: Guntin

Contacto