Entidade Ofertante

Traballador/a social

Entidade Ofertante

ALCER
Descrición do posto:

UBICACIÓN: Delegación da Coruña de Alcer.

Incorporación inmediata. Contrato ata final de ano segundo convenio.

Valorarase:

–       Habilidade na redacción memorias xustificativas

–       Rápida aprendizaxe

–       Traballo en grupo a distancia

–       Carné de conducir e coche propio

DESCRICIÓN:   Atención,    asesoramento    e    intervención    con    persoas    con enfermidade renal crónica e promoción da doazón de órganos.

Encargarase entre outras tarefas de:

 1. Atender de forma individual ás persoas beneficiarias

2. Realizar a acollida, diagnóstico e elaborar deseños de itinerarios individualizados de intervención de cada persoa beneficiaria, realizando seguimento e acompañamento durante todo o proceso de intervención.

3. Deseñar e executar actividades grupais e comunitarias en función das necesidades que se detecten

4. Realizar os informes sociais oportunos así como outros documentos que se precisen (expedientes, seguimentos, avaliacións…).

5. Valoración e xestión das axudas económicas dirixidas ás persoas beneficiarias

6. Busca e coordinación con outros recursos sociais de apoio ás persoas beneficiarias, e derivación ós mesmos, así como a coordinación directa nos espazos sanitarios con persoal sanitario e

7. Fomentar a creación de redes sociais

8. Elaborar memorias de seguimento e de xustificación final do programa, así como outros documentos en coordinación co resto de profesionais

9. Participar nas reunións de coordinación do equipo, así como con outras áreas e programas da entidade

10. Fortalecer e apoiar ao resto do equipo

11. Acompañar e apoiar ao persoal voluntario .

12. Informar ao profesional responsable de programas de calquera incidencia que se produza no mesmo

 

Data límite recepción de Currículum: 2/11/2021

NOTA: As persoas interesadas deberán enviar o seu CV a coordinacionalcercoruna@gmail.com e info@alcercoruna.org

Tipo de emprego: Privado
Ir a oferta:
Localización: A Coruña

Contacto