Entidade Ofertante

Técnico sesibilización corresponsabilidade

Entidade Ofertante

Fagamos. Asociación de familias monomarentais de Galicia.
Descrición do posto:

A Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (FAGAMOS) abre un proceso de selección para cubrir o posto de TÉCNICO/A para o desenvolvemento do Plan de sensibilización e formación en Corresponsabilidade “Moito que facer”, no marco do programa “Currunchiños de Conciliación” do Plan Corresponsables, financiado polo Ministerio de Igualdade a través da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia. O Plan consiste nunha serie de xornadas itinerantes polas catro provincias galegas, a realizar nun total de 24 localidades distintas, durante os meses de xullo, agosto e setembro de 2024, co obxectivo de achegar a realidade das familias monoparentais galegas á poboación, e sensibilizala na importancia de que a igualdade, a conciliación e a corresponsabilidade se entendan tendo en conta a diversidade familiar da nosa sociedade.

Enviar candidatura a info@fagamos.com. ata o día 26 de xuño de 2024 inclusive, co asunto “Selección Plan Sensibilización Corresponsables + NOME E APELIDOS”, achegando coa mensaxe: CV actualizado Escrito expoñendo as razóns polas que a persoa candidata considera que sería un acerto para FAGAMOS contar con ela para levar a cabo o Plan de sensibilización e formación en Corresponsabilidade “Moito que facer” (máximo un folio).

Tipo de emprego: Privado
Ir a oferta: https://fagamos.com/wp-content/uploads/2024/06/Oferta-de-emprego-FAGAMOS_Tecn_sensibilizacion.pdf
Localización: Noia. A Coruña

Contacto

633817849