Entidade Ofertante

Subdirector/a

Entidade Ofertante

Xunta de Galicia
Descrición do posto:

Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, nas súas xefaturas territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

Os/as aspirantes deberán unirlle á solicitude un curriculum vitae xustificando documentalmente os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira sinalada no parágrafo anterior non se terán en conta.

Tipo de emprego: Público
Ir a oferta: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211112/AnuncioG0595-041121-0003_gl.html
Localización: Santiago de Compostela

Contacto