Entidade Ofertante

Técnico/a social

Entidade Ofertante

Euroeume
Descrición do posto:

Titulación: Estudos de Grao no ámbito social. Valoraranse especialmente titulacións universitarias de Traballo social ou Educación social.

Formación complementaria: especialización en políticas de xénero, desenvolvemento comunitario ou Terceiro Sector, migracións, maiores/xerontoloxía, …

Experiencia mínima de 1 ano en áreas relacionadas coa intervención social.

Imprescindible uso de ferramentas de ofimática

Condicións Laborais

  • Incorporación prevista: novembro 2021
  • Retribución: Segundo convenio de Intervención Social.
  • Xornada: Media xornada con posibilidade de ampliación.
  • Tipo de contrato: Temporal

Actividades a desenvolver:

  • Apoio no deseño e execución dos programas sociais de desenvolvemento comunitario.
  • Establecemento de redes de traballo comunitario con entidades da comarca
  • Desenvolver actividades dentro dos programas sociais da Asociación.
  • Colaborar cos departamentos de igualdade e servizos sociais municipais.

Procedemento de selección: O prazo de presentación de solicitudes rematará o 5 de Novembro de 2021.

Máis información no facebook @euroeume

Horas de medio tempo: 20 por semana

Data límite para enviar a solicitude: 5/11/2021

Tipo de posto: Media xornada, Temporal

Horario:

  • Turno de Maña
Tipo de emprego: Privado
Ir a oferta:
Localización:

Contacto