Entidade Ofertante

Orientador/a sociolaboral - A Coruña

Entidade Ofertante

Descrición do posto:

Enviar curriculum a info@viraventos.org en formato PDF.
Data límite: 23 de xullo de 2023.
Só se admitirán as candidaturas que cumpran os requisitos da oferta, o resto de candidaturas serán descartadas.

funcións:

  • Atención ás persoas usuarias do programa de emprego.
    – Diagnóstico de empregabilidade e deseño de Itinerarios individualizados.
    – Seguemento, titorización e avaliación continua.
    – Desenvolvemento de accións específicas de orientación laboral.
    – Asesoramento e acompañamento social (axudas e prestacións sociais).
    – Prospección e inserción laboral.
    – Xestión de datos na Plataforma iipgis (II Plan Galego de Inclusión Social) da Xunta de Galicia.

requisitos:

  • IMPRESCINDIBLE. Estar dada de alta como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.
    – Titulación universitaria no ámbito das ciencias sociais.
    – IMPRESCINDIBLE. Experiencia de polo menos 6 meses en postos relacionados coa atención social a colectivos migrantes (sanidade, prestacións sociais, protección internacional,…)
    – Experiencia no uso da Plataforma iipgis.
    – IMPRESCINDIBLE. Profundo compromiso social e identificación cos Valores e Código de Conduta de Viraventos.
    – Coñecemento sobre o funcionamento dos Servizos Sociais da Coruña e sobre as prestacións sociais.
    – Coñecementos básicos da Lei de Estranxeiría.
    – Dominio do galego a nivel oral e escrito.
    – Activismo e/ou implicación en movementos asociativos.

 

XORNADA 30 h/semanais

previsión de incorporación en agosto

Tipo de emprego: Privado
Ir a oferta:
Localización: a coruña

Contacto