Entidade Ofertante
Entidade Ofertante
RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o lugar, a data e a hora de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de traballador/a social, convocado pola Resolución do 18 de xuño de 2021.
Primeiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas con carácter definitivo no concurso-oposición para o ingreso na categoría de traballador/a social, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 18 de xuño de 2021, para a realización dos exercicios que integran a fase de oposición, na data, hora e lugar que a seguir se indican:
Data: domingo, 8 de maio de 2022.
Hora: 9.30 horas.
Lugar: recinto da Feira Internacional de Galicia, avenida Recinto Feiral, s/n, Silleda (Pontevedra).
