Entidade Ofertante

Docente

Entidade Ofertante

Concello de Porqueira
Descrición do posto:

Unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación por concurso de 3 docentes para impartir o Curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais en
réxime laboral temporal, publícase o resumo da convocatoria, para coñecemento xeral e chamamento ao concurso:
1. Número de prazas: 3.
2. Denominación: docente.
3. Modalidade de contratación: contrato por servizo, de duración determinada.
4. Sistema de selección: concurso.
5. Duración do contrato: 6 meses.
6. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 10 días naturais, que contarán a partir do seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do Concello de Porqueira,
situado na estrada de Xinzo a Bande, 4, Forxa, 32643 (Ourense), en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios que establece a Lei 39/1015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
7. Bases: o texto íntegro das bases de selección esta publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica
(https://porqueira.sedelectronica.gal/info.0).

Tipo de emprego: Público
Ir a oferta: https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=269&fecha=20211123
Localización: Porqueira

Contacto