Entidade Ofertante

Docente

Entidade Ofertante

Pensium
Descrición do posto:

Pensium ( www.pensium.es ) selecciona docente para impartir unha charla sobre Dependencia

Dende Pensium están organizando unha charla informativa sobre Dependencia: trámites, procedemento, prazos resolución, servizos e prestacións e, calquera outro tema que se considere relevante

Debido ao contacto diario con familias para informalos, orientalos e asesoralos na procura de servizos e recursos de coidados asistencias, detectamos que hai un gran descoñecemento entorno ao proceso e tramitación de Dependencia. Por ese motivo, e pola nosa implicación coas familias e coas persoas maiores dependentes, queremos organizar unha charla informativa que verse sobre ese tema. O obxectivo da mesma é dar a coñecer os temas principais da Dependencia e a súa situación en Galicia, recursos públicos, prazos actuais, a Lei de Dependencia en xeral e especialmente ás situacións de Grao II e III

A charla nun primeiro momento plantexámola online, aínda que tamén pode ser presencial. Vai dirixida ao público en xeral e a todas as persoas interesadas en coñecer o proceso de Dependencia. De xeito amplo, ofrecerase ás personas maiores de 50 anos así como aos seus familiares.

A duración aproximada será de 30 minutos máis tempo para preguntas.

A charla sería impartida na semana do 21 de xuño, pendente concretar día exacto, ás 19 horas. Tanto a data como a hora pode sufrir algún cambio por imprevistos ou circunstancias alleas a Pensium, que se comunicarán a maior brevidade posible.

Envio de CV: maria.vilela@pensium.es

 

Tipo de emprego: Privado
Ir a oferta:
Localización:

Contacto