Entidade Ofertante
Entidade Ofertante
A Mancomunidade de Vigo inicia o proceso selectivo para a contratación do persoal do Programa de Emprego MAIV GARANTIA XUVENIL 2021, destinado a persoas mozas menores de 30 anos
Este novo proxecto, que conta con financiamento da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo, dará comezo no vindeiro mes de agosto. A contratación do persoal realizase a través de oferta pública tramitada na Oficina de Emprego e os postos ofertados son:
- 1 DIRECTOR/A
Requisitos:
- Titulación universitaria.
- Experiencia profesional mínima de 24 meses relacionada co posto nos últimos 10 anos. (Experiencia en dirección e xestión de empresa, equipos humanos e proxecto, excluíndo direccións técnicas e facultativas, e/ou experiencia como técnico de emprego e desenvolvemento local).
- Acreditar competencia docente.
Códigos ocupación Oficina Emprego: 13261021
- 1 EXPERTO/A DOCENTE EN DINAMIZACIÓN DE PROXECTOS DE DESENVOLVEMENTO LOCAL
Requisitos:
- Titulación universitaria relacionada coa especialidade.
- Experiencia profesional mínima de 2 anos en traballos relacionados coa especialidade formativa (animador/a ou dinamizador comunitario, animador/a sociocultural, axente de desenvolvemento social, axente de desenvolvemento local, xestor/a de asociacións, técnico comunitario,…)
- Acreditar competencia docente.
Códigos ocupación Oficina Emprego: 37131014 / 37131023 / 37151010 / 37151038