Entidade Ofertante

Dinamizador/a

Entidade Ofertante

Concello de Betanzos
Descrición do posto:

Bolsa de emprego – Concurso-oposición

O período mínimo de contratación será ata o 31 de decembro de 2021, prorrogable de ano en ano ata un máximo de 3 anos dende a data de inicio , dependendo da financiación finalista da Xunta de Galicia.

Funcións.
a) Realización de tarefas de alfabetización e capacitación dixital da sociedade desenvolvendo actividades orientadas a dotar á poboación dos coñecementos e as capacidades dixitais básicas para acadar a integración social e ofrecerlles unha mellor calidade de vida.
b) Iniciativas relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e de implantación dos servizos da administración electrónica nas pemes e entre os colectivos con meirandes dificultades de acceso ás novas tecnoloxías da información, proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para que poidan formar parte activa da Sociedade da Información.
c) Tarefas de impulso da participación, realizando actuacións que permitan fomentar a participación e colaboración de ONG´s, asociacións empresariais, voluntarios, etc. no desenvolvemento de actividades de inclusión dixital.
3.–Cometido funcional.
a) Promoción do uso das TIC na poboación, en especial naqueles colectivos onde a fenda dixital se fai máis evidente, programando actividades e estratexias de dinamización adaptadas aos distintos colectivos.
b) Dinamización das PEMEs e microPEMEs amosándolles as vantaxes da SI.
c) Planificación, impartición, difusión e publicidade das actividades de formación e dinamización na zona de actuación: obradoiros, charlas, xornadas, iniciativas.
d) Xestión da aula: atención a usuarios/as, mantemento do equipamento, xestión da documentación.
e) Coidar do cumprimento por parte dos usuarios/as das normas de funcionamento, acceso, horario e optimización do uso e ocupación dos recursos do centro.
f) Achega de datos de seguimento e avaliación das actividades.
g) Atención de forma personalizada aos usuarios/as, realizando o apoio e seguimento da súa aprendizaxe, para que vexan o aceso ás TICs como algo doado, ameno e que á vez lles resulte proveitoso na súa vida diaria.
h) Seguimento e cumprimento dos obxectivos e procedementos da nova Rede CeMIT.
i) Ser enlace entre o Centro e a cidadanía (persoas e asociacións cidadás) do municipio, e responsable de conseguir a inclusión e participación na Sociedade da Información da cidadanía.
j) Colaboración na achega de novas ideas que contribúan á mellora do funcionamento, desenvolvemento e impacto no seu concello da nova Rede CeMIT.
k) Tratar de acadar que o CeMIT sexa un punto de referencia na vida sociocultural do Concello.
l) Estender o coñecemento e uso pola cidadanía dos servizos públicos dixitais das Administracións Públicas Galegas.
No caso de que o chamamento se leve a cabo a fin de executar programas de carácter temporal as funcións serán concretadas en ditos programas

Titulacións de acceso: Estar en posesión do seguinte título ou equivalente: Técnico superior en Sistemas de telecomunicacións e informáticos, Administración de sistemas informáticos en rede, Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma, Desenvolvemento de aplicacións web, Animación sociocultural e turística, Integración social, Mediación comunicativa, Grado en informática
ou Educación social ou titulacións equivalentes. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá estarse en posesión da credencial que acredite a súa homologación.

 

Prazo: 10 días hábiles

Tipo de emprego: Sen titulo
Ir a oferta: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/09/20/2021_0000006869.pdf
Localización: Betanzos

Contacto