Entidade Ofertante
Entidade Ofertante
VM Consultoría abre proceso de selección para a incorporación dun/ha Traballador/a Social e Coordinador/a do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para desenvolver a súa actividade nas comarcas de Bergantiños, Soneira e Costa da Morte.
Funcións principais
- Coordinación e seguimento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
- Planificación, organización e supervisión dos servizos prestados ás persoas usuarias.
- Coordinación co persoal auxiliar de axuda no fogar.
- Elaboración de informes sociais e documentación técnica.
- Seguimento dos plans de intervención e atención domiciliaria.
- Coordinación cos servizos sociais comunitarios e outras entidades.
- Xestión de incidencias e apoio ás persoas usuarias e ás súas familias.
- Desenvolvemento doutras funcións propias da profesión de Traballo Social e da xestión de servizos sociosanitarios.
Requisitos
- Grao ou Diplomatura en Traballo Social.
- Permiso de conducir e dispoñibilidade para desprazamentos.
- Valorarase experiencia en coordinación de SAF, xestión de equipos e intervención social.
Condicións laborais
- Contrato indefinido.
- Xornada completa.
- Retribución segundo convenio colectivo de aplicación.
- Melloras salariais e condicións complementarias a valorar en función da experiencia e do perfil profesional achegado.
Presentación de candidaturas
As persoas interesadas deberán remitir o seu Curriculum Vitae actualizado ao enderezo electrónico:
Indicando no asunto do correo:
TS COSTA DA MORTE
O prazo de recepción de candidaturas permanecerá aberto ata a cobertura do posto.
