Entidade Ofertante

Docente

Entidade Ofertante

Concello de Narón
Descrición do posto:

Denominación posto.–Experto docente curso atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSCS0208), módulo 2, MF1017_2, Intervención na Atención Hixiénico-Alimentaria en Institucións.
Código: EDIS/21
Grupo: A2/2
Clasificación: Administración Especial
Titulación/requisitos.
1.–Acreditación requirida.
Estar en posesión dunha das seguintes titulacións:
– Licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou o título de grao correspondente, ou outros títulos equivalentes.
– Diplomado, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico, ou o título de grao correspondente ou outros títulos equivalentes.
– Técnico superior da familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade.
– Certificado de profesionalidade de nivel 3 da área da atención social da familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade.
2.–Experiencia profesional requirida no ámbito da unidade de competencia.
De ter a acreditación do apartado 1, requirirase 1 ano de experiencia profesional no ámbito da unidade de competencia.
De non ter a acreditación do apartado 1, requiriranse 3 anos de experiencia profesional no ámbito da unidade de competencia.
3.–Acreditación da competencia docente.
Estar en posesión de certificado de profesionalidade de formador/a ocupacional ou do certificado de profesionalidade de docencia da formación profesional para o Emprego.
Deste certificado estarán exentos:
a) Os que posúan as titulacións universitarias oficiais de licenciado en pedagoxía, psicopedagoxía ou de Mestre, en calquera das súas especialidades, dun título universitario de graduado no ámbito da psicoloxía ou pedagoxía, ou dun título universitario oficial de pos-grao nos citados ámbitos.
b) Titulación universitaria oficial distinta das indicadas no apartado anterior e, ademais, se atope en posesión do certificado de aptitude pedagóxica ou dos títulos profesionais de especialización didáctica ou certificado de cualificación pedagóxica. Ase mesmo, estarán exentas as persoas que acrediten a posesión do Máster universitario habilitante para o exercicio das profesións reguladas de profesor/a de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e escolas oficiais de idiomas, e as que acrediten a superación dun curso de formación equivalente á formación pedagóxica
e didáctica esixida para aquelas persoas que, estando en posesión dunha titulación declarada equivalente a efectos de docencia, non poden realizar os estudios de máster, segundo RD 1834/2008, dO 8 de novembro.c) Os que acrediten unha experiencia docente contrastada de, polo menos, 600 horas nos últimos sete anos en formación profesional para o emprego ou do sistema educativo.
SEGUNDO.–Proceder á publicación no BOP a efectos de presentación de solicitudes polo prazo de 15 días naturais”

Tipo de emprego: Público
Ir a oferta: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/10/29/2021_0000007675.pdf
Localización: Naron

Contacto