Entidade Ofertante

TRABALLADORA/OR SOCIAL

Entidade Ofertante

Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica - AGAELA
Descrición do posto:

Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica – AGAELA

Localidade do posto de traballo: Sede da entidade en Culleredo. Diversos puntos de atención no resto de provincias galegas por tratarse dunha entidade de ámbito autonómico.

Titulación requirida: Grao e/ou diplomatura en Traballo Social

Descrición do posto: Valoración e intervención de Traballo Social en poboación con Esclerose Lateral  Amiotrófica, coidadores e familiares. Tramitación de recursos para persoas en situación de discapacidade e/ou dependencia. Xestión de proxectos/servizos da entidade. Captación de fondos mediante solicitude e tramitación de subvencións e/ou axudas.

Perfil do candidato: Valórase positivamente contar con experiencia previa en ONG. Necesario carné de conducir e vehículo propio dado que se realizan desprazamentos a domicilio e/ou a puntos de atención de  AGAELA noutras provincias.

CONDICIÓNS OFRECIDAS POLA ENTIDADE

Tipo de contrato: Posto de nova creación, contratación temporal inicial con opción a indefinido.

Tipo de xornada laboral:  20 horas á semana, con posibilidade de ampliación futura.

Horario: 10:00 -14:00 horas de luns a venres

Data de incorporación: Inmediata

Persoa de contacto: Jessica Garabal

Forma de contacto ou envío de currículo: info@agaela.es

Tipo de emprego: Privado
Ir a oferta:
Localización: Sede da entidade en Culleredo. Diversos puntos de atención no resto de provincias galegas por tratarse dunha entidade de ámbito autonómico.

Contacto

Jessica Garabal