Entidade Ofertante
Entidade Ofertante
CONVOCATORIA E BASES DAS OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICO 2017-2018-2019 (3º FASE DA CONVOCATORIA)
I.- NÚMERO DE PRAZAS: 3 (quenda libre, unha delas reservada para persoas con diversidade funcional)
II.- CARACTERÍSTICAS DAS PRAZAS: Enmarcadas no Grupo A, subgrupo A2; Escala, Administración especial; subescala Técnica; Clase, Media. Estarán dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden ao Subgrupo A2, e as complementarias propias do posto de traballo ao que resulte adscrita a praza da/o aspirante. Figurarán incluídas no réxime de dedicación exclusiva.
III.- SISTEMA DE SELECCIÓN: Establécese o de oposición libre, de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas das Ofertas de Emprego Público correspondentes aos anos 2017, 2018 e 2019.
IV.- CONDICIÓNS DAS E DOS ASPIRANTES: Ademais das que figuran na base 4ª das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título de diplomada/o en Traballo social, grao ou equivalente.
