Entidade Ofertante

Técnico/a en marketing dixital, comunicación e RR.SS., Técnico/a de vendas e administración, Técnico/a de formación

Entidade Ofertante

INSTITUTO SIAC
Descrición do posto:

POSTO 1: Técnica/o en Marketing Dixital, Comunicación e RRSS. Empresa elearning

Seleccionamos a un/ha técnico/ en Marketing, Comunicación e RRSS con Formación Social, Educativa ou Psicolóxica para empresa de formación en liña.

A persoa seleccionada encargarase de desenvolver a actividade de márketing e RRSS das marcas de formación da empresa.

Entre as súas funcións estarán:

– Colaboración na redacción e execución do Plan estratéxico

– Proposta, creación e desenvolvemento de campañas de márketing e comunicación para potenciar a captación e fidelización de alumnado e lanzamento de novos cursos

– Planificación e elaboración dos contidos para RRSS (post, stories, respostas, notificacións)

– Realización xunto co resto do equipo de vídeos corporativos, webinars e videotutoriais – Realizar artigos para o Blogue e xestionar a Newsletter

– Xestión e procura de novas/os afiliadas/os

– Análise e reportes de situación en RRSS

 Requisitos:

– Formación ou experiencia na área de Marketing Dixital.

– Desexable formación no ámbito social, educativo ou psicolóxico.

– Coñecementos en ferramentas dixitais para a xestión de contidos en webs, blogues e redes sociais, análises web, optimización SEO, ferramentas de deseño e maquetación, edición de textos, edición de vídeos, etc.

– Nivel avanzado e manexo áxil de aplicacións informáticas diversas e alta capacidade de aprendizaxe.

– Persoa proactiva, creativa e responsable con habilidades comunicativas moi desenvolvidas e alta capacidade para redacción.

– Residencia na Coruña e/ou arredores

 Horario de mañá. Media xornada.

 POSTO 2: Técnica/o de Vendas e Administración. Empresa elearning

 Buscamos un/a Técnica/o en Vendas e Administración con experiencia en telemarketing para empresa de formación en liña especializada no sector social e educativo.

A persoa seleccionada encargarase de desenvolver a actividade comercial e administrativa das marcas de formación da empresa.

 Entre as súas funcións estarán:

 – Comunicación e seguimento dos contactos (chamada, whatsapp, email, mensaxería RRSS de información e venda)

– Información e venda de cursos en liña ( telemarketing) e manexo de obxeccións a cómpraa

– Seguimento de LEADS

– Seguimento matrículas e novas altas en WordPress e Moodle

– Xestión altas e seguimento do aplicativo de FUNDAE

– Seguimento e coordinación do alumnado adscrito a cursos acreditados e homologados – Control do fraccionamento pago do alumnado

– Elaboración, xestión e arquivo da facturación (facturas emitidas e recibidas)

– Xestión da documentación laboral, fiscal e laboral da empresa

 Requisitos:

– Desexable formación en departamentos de telemarketing ou xestionando formación bonificada ou homologada.

– Desexable formación no ámbito social, educativo ou psicolóxico.

– Coñecementos en ferramentas dixitais de facturación ( Glasoft), WordPress, Moodle, Aplicativo FUNDAE, etc.

– Nivel avanzado e manexo áxil de aplicacións informáticas diversas e alta capacidade de aprendizaxe.

– Perfil con dotes comerciais. Capacidade resolutiva e proactiva

– Residencia na Coruña e/ou arredores

 Horario de mañá. Media xornada.

 POSTO 3: Técnica/o de Formación. Empresa Elearning

Buscamos un/a técnico de formación con experiencia na xestión de formación bonificada e/ homologada para empresa de formación en liña especializada no sector social e educativo.

A persoa seleccionada encargarase da xestión e organización da formación bonificada e acreditada, así como, da formación privada presente nas distintas plataformas de formación da empresa.

 Entre as súas funcións estarán:

– Xestión administrativa e documental de formación acreditada e/ou homologada por administracións públicas ou universidades privadas: elaboración de solicitudes, calendarización de convocatorias, memorias, listaxes, análises de enquisas, resposta a requirimentos, etc.

– Xestión da formación programada e do aplicativo de FUNDAE: altas de expedientes, organización e arquivo da documentación, selección e coordinación de docentes, aulas e materiais, enquisas e resto de funcións administrativas.

– Seguimento e elaboración de informe mensual da formación impartida polas marcas formativas da empresa Control da produción e planificación da produción de novos materiais didácticos: elaboración e actualización das follas de control de produción, revisión do status do Campus Virtual das distintas marcas de formación da empresa e estrutura cursos en Moodle.

– Xestión da plataforma de LMS Moodle: creación de cursos, usuarios/ as, proceso de matriculación, creación de actividades e recursos, instalación de aplicacións e actualizacións.

– Deseño instruccional e desenvolvemento, instalación, validación e comprobación da trazabilidad de paquetes SCORM na plataforma de formación.

– Seguimento e dinamización dos cursos e soporte técnico e titorial do alumnado para a resolución de dúbidas e posibles incidencias.

– Planificación, redacción, edición, maquetación e supervisión dos contidos dos cursos.

– Realización xunto co resto do equipo de vídeos corporativos, webinars e videotutoriales

– Solicitar opinións e valoracións do alumnado en distintos espazos (RRSS, Emagister, Truspilot, etc.)

– Análises dos puntos críticos de mellora detectados a través das enquisas de satisfacción para atender ás melloras expostas e dar solución ás demandas.

– Xestión das prácticas do alumnado: procura de centro de acollida, firma de convenio, coordinación con titor/a de prácticas, corrección de memoria de prácticas, xestión do seguro e entrega de diploma acreditativo.

 Requisitos:

– Desexable experiencia en formación bonificada ou homologada.

– Coñecemento e experiencia en plataformas LMS (Moodle), WordPress, aplicativo FUNDAE, etc.

– Desexable formación no ámbito social, educativo ou psicolóxico.

– Nivel avanzado e manexo áxil de aplicacións informáticas diversas e alta capacidade de aprendizaxe.

– Capacidade resolutiva e proactiva

– Residencia na Coruña e/ou arredores

 Horario de mañá. Media xornada.

 

 Os CV deben enviarse a: info@institutosiac.es

Tipo de emprego: Privado
Ir a oferta:
Localización: A Coruña

Contacto