Entidade Ofertante
Entidade Ofertante
Attende Care busca unha persoa para cubrir unha substitución por incapacidade temporal no posto de coordinación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do Concello de Mos.
A persoa seleccionada desenvolverá as funcións propias de coordinación e seguimento do servizo. Non se require experiencia previa neste ámbito, aínda que se valorarán especialmente a empatía, a capacidade para resolver incidencias e o coñecemento do contorno do Concello de Mos.
Detalles da oferta:
- Tipo de contrato: substitución por incapacidade temporal (IT).
- Xornada: completa.
- Lugar de traballo: Concello de Mos, con oficina presencial no Porriño.
- Modalidade: híbrida, combinando traballo presencial e teletraballo.
Posto:
Coordinador/a do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
Presentación de candidaturas:
As persoas interesadas poden enviar o seu currículo a teresa.soto@attende-care.com.
Prazo de recepción:
Ata o 30 de xullo de 2026.
